Aí Falaches cree na importancia de coñecer e preservar os trazos culturais propios de cada territorio. Por iso queren fomentar o uso cotián e normalizado do galego. Coa compra e utilización dos seus produtos (camisetas, suadoiros, bolsas, babeiros, mochilas, …) tamén queren achegar unha finalidade pedagóxica e sensibilizadora, para poñer en valor o galego tanto no noso territorio como fóra do mesmo.
Unha maneira de mostrar o agarimo cara á nosa cultura, á vez que nos permite compartir este agarimo coa xente da nosa contorna, xa sexan galegos ou non. Desta maneira poñer en valor características da nosa identidade e trazos definitorios do noso territorio. E así, contribuír a que se conserve o noso idioma como patrimonio lingüístico e cultural.
Web: www.aifalaches.com
Facebook: @aifalaches.gal
Instagram: @ai_falaches