Tendiña con alma de barrio e recoñecida coma Obradoiro Artesán pola Xunta de Galicia en confección. Axudando a familias para unha crianza máis sostible e vestindo a miúdas e maiores desde o 2018.
Especializada en porteo, tamén podes atopar roupiña para as miúdas da casa, xogos de mesa moi divertidos, contos en galego e libros sobre economía social e crianza, e moitas opcións para unha vida máis sostible.
Web: arrolos-de-mai.negocio.site
Facebook: @ArrolosdeMaiPorteo
Instagram: @arrolosdmai
Dirección: Rúa Quintela, 29, 36209 Vigo, Pontevedra