Un proxecto de A Movida, axenda cultural de Vigo
  • Inicio
  • Quen somos
  • Contacto
  • Sorteo
  • Que buscas?
    • Gastro
    • Roupa
    • Complementos
    • Cosmética e beleza
    • Decoración
    • Libraría
    • Papelería
    • Música
    • Tatuaxe
    • Nenos
    • Fogar
    • Xogos
    • Deporte e lecer
Un proxecto de A Movida, axenda cultural de Vigo
Menu Categorias
  • Inicio
  • Quen somos
  • Contacto
  • Sorteo
  • Tendas
  • Artesáns galegos
  • Que buscas?
    • Complementos
    • Cosmética e beleza
    • Decoración
    • Deporte e lecer
    • Fogar
    • Gastro
    • Libraría
    • Música
    • Nenos
    • Papelería
    • Roupa
    • Tatuaxe
    • Xogos
Inicio Que buscas? Complementos

Xiralúa Estudio Creativo

Xiralúa é un estudio creativo que mestura deseño gráfico e artesanía para desenvolver unha liña de produtos inspirados na cultura e patrimonio galegos. Entre os seus produtos podes atopar complementos de moda, cadernos artesanais, láminas con ilustracións orixinais e moito máis!

  1. Mochila Mar || 50€
    As mochilas Xiralúa son pezas artesanais que realizamos no noso pequeno obradoiro, nun proceso integral que comeza co deseño dos estampados, aos que damos forma a través da ilustración dixital, pasando pola selección de materiais, até a confección final do produto. Tamaño: 27 x 30 cm aprox. Materiais: loneta impresa dixitalmente, de algodón orgánico (GOTS), tecido monocromático de poliéster (STANDARD 100 por OEKO-TEX®), forro interior con dous petos, asas de 3 cm regulables e pequena asa de man de 2 cm de ancho, dous broches metálicos no exterior, un broche de imán no interior e compartimento extraíble no interior con feche de cremalleira.
  2. Bolsa Castelao || 25€
    Bolsa de tecido orgánico resistente (340 g/m²), de cor azul escura e asas beixe, cun peto exterior co retrato de Castelao, cosido e ilustrado por Xiralúa. Medidas: 38 x 42 cm. Tecido resistente Premium, 100% algodón orgánico con certificado ORGANIC CONTENT STANDARD 100 (OCS 100).
  3. Moedeiro || 14€
    Moedeiros artesanais con estampados de deseño propio inspirados na cultura e patrimonio galegos. Lona de algodón impresa dixitalmente. Forro interior. Medidas: 14 x 10 x 4 cm aprox.
  4. Ilustración Café Literario || 18€
    Esta ilustración está inspirada no ambiente dos cafés históricos onde adoitaban reunirse xentes da cultura e das artes. Nestas reunións formábanse grandes parolas e intercambiábanse ideas e pensamentos, todo aderezado co sabor e o recendo do café. Lámina 30 x 40 cm. Papel estucado mate 200 gr.
  5. Cadernos Poéticos || 6€
    Cadernos cosidos a man con encadernación xaponesa e tapas de cartolina kraft, con deseños inspirados na literatura e cultura galegas. Rosalía de Castro, Manuel María, Curros Enríquez, Manuel Antonio… Medidas: 10,5×14,5 cm aprox. Papel interior: reciclado 80 gr. Tapas: cartolina kraft 180 g.

Web: www.xiralua.com

Facebook: @xiralua.estudiocreativo

Instagram: @xiralua

 

Categorías

  • Artesáns galegos
  • Que buscas?
    • Complementos
    • Cosmética e beleza
    • Decoración
    • Deporte e lecer
    • Fogar
    • Gastro
    • Libraría
    • Música
    • Nenos
    • Papelería
    • Roupa
    • Tatuaxe
    • Xogos
  • Tendas

Related products

Complementos, Tendas

Ardentia

Coleccións de xoias artesanais co selo oficial de Galicia Calidade. Todas realizadas no seu obradoiro, en prata de Lei 925, con d...
Artesáns galegos, Decoración, Xogos

Alejandro Mosquera

Alejandro Mosquera é un arquitecto e artista plástico que crea xogos e láminas de temática pop...
Complementos, Roupa, Tendas

Sr.Nilsson

Tenda multimarca de moda e accesorios con selo nacional. Cunha decoración coidada, mestura o vintage e o ecléctico ofrendo gran...
Artesáns galegos, Complementos, Fogar, Nenos, Roupa

Aí falaches

Aí Falaches cree na importancia de coñecer e preservar os trazos culturais propios de cada terri...
Artesáns galegos, Complementos, Decoración, Papelería

Ultramarinos Deseño Galego

En Ultramarinos Deseño Galego, marca viguesa 100 %, levan cinco anos reinventando o concepto de souvenir turístico. Teñén lám...
Artesáns galegos, Decoración

Machiña

Noemí Llantada, artista e iustradora viguesa. Pezas únicas feitas a man en madeira pintada. Ilus...
Artesáns galegos, Complementos, Fogar, Roupa

Ea.ilustra

Tenda de ilustración a man alzada e acuarela. Ea.ilustra plasma en tazas, bolsas, camisetas e dem...
Artesáns galegos, Complementos, Roupa

Acontravento

Acontravento é unha marca de roupa e complementos de deseño galego. En cada prenda produto quere...
Artesáns galegos, Complementos, Cosmética e beleza, Decoración

Coco Bisutería e Sapone di Principessa

Coco Bisutería e Sapone di Principessa son dúas marcas galegas de artesanía, que comparten a me...
Complementos, Decoración, Papelería, Tendas

VAIDHÉ

Tenda de obxectos bonitos: Ilustración, arte, cerámica e xoiería. VAIDHĒ é transmitir valores...
tocaMadera

Coco Bisutería e Sapone di Pri...

UN PROXECTO DE

Coa colaboración de


Queres aparecer aquí?

Tes un pequeno negocio ou marca e queres que apareza aquí?
Escríbenos a promo@amovida.gal

Compártenos

Un proxecto de A Movida Cultural SL
© Eu Regalo Local 2020
Política de privacidade e aviso legal